domingo, 10 de junio de 2007

C. I. P. dijo...
Querid@s compañeir@s:
Agrada-nos moito contar coa vosa presenza na nosa festa, e de que fagades desta illa un lugar máis e máis habitado.Por razóns legais non podemos aparecer nas cartografias, ainda que, para quen saiba ver ollos adentro, somos os habitantes do azul dos mapas, comunmente nomeados como mares e océanos.Bon, mellor que sigan sen nos ver, asi seremos máis e máis felices, preparados para acompañar a viaxe dos arroaces até o horizonte, acariñando o Sol da Liberdade.E mil grazas por contardes con tanta fermosura as vosas experiéncias piratas. Como ben dixestes, podedes arribar á illa cando queirades: vós tedes a chave do tesouro (os adultos tamén, pero moitos negan-se a admiti-lo: asi lles vai aos pobres...).
10 de junio de 2007 6:48

1 comentario:

Anónimo dijo...

Amiga pirata:
Seica no C. I. P. están ben contentes con esta reflexión sua posta aqui, no teu blog.
E disque saben doutras aventuras, ousadas e necesárias, que tamén abriron portas para outras viaxes e deixaron ese pouso un tanto melancólico pola enormidade dos esforzos e o pouco que parecen ter feito para este presente.
Talvez fose así, mais en todo caso levan unha lembranza tua no mascarón do seu barco imortal, alzando a sua orgullosa bandeira Libre sobre o Mar para quen saiba vé-los, ao lonxe, navegando en paralelo ás nosas vidas.